RUTA Á MOA
Dende O Pindo
Este roteiro permite gozar dunha das paisaxes máis fermosas da Costa da Morte. O camiño conduce ao visitante ao punto máis alto do monte Pindo (A Moa) pasando polo Castelo de San Xurxo, Outeiro Nariz e Chan de Lourenzo. No percorrido pódense apreciar distintas formacións rochosas de gran singularidade entre as que destaca o Xigante da Mina ou Guerreiro.
A ruta culmina na "Moa", o punto máis alto do monte Pindo. A experiencia e as espectaculares vistas dende a cima ben compensan o esforzo do ascenso.
​
Para camiñar polo monte Pindo recoméndase levar roupa e calzado axeitado, algo de beber e comer para repoñer forzas, roupa de abrigo para á cima así como evitar desviarse dos sendeiros establecidos. Recoméndase tamén non planificar as rutas en horas de excesiva calor ou momentos do día con pouca visibilidade.
​