top of page
RUTA Á MOA
Dende O Fieiro
Este é o roteiro á Moa (o punto máis elvevado do Monte Pindo) que ofrece menor dificultade. O roteiro comeza na aldea de O Fieiro (Mazaricos) e durante o percorrido pódese ver o pico Penafiel e a praia de Carnota. Dende a cima pódese ver tamén en días despexados, a ría de Corcubión, o pobo do Pindo, as illas Lobeiras e Fisterra.
​
Para camiñar polo monte Pindo recoméndase levar roupa cómoda e de abrigo para a cima, calzado axeitado, (preferiblemente de montaña), algo de beber e comer para repoñer forzas así como evitar desviarse dos sendeiros establecidos. Recoméndase tamén non planificar as rutas en horas de excesiva calor ou momentos do día con pouca visibilidade.
​
bottom of page