top of page
Rede Natura Carnota.JPG

REDE NATURA

UNHA XOIA NATURAL

O espazo natural ZEC Carnota-Monte Pindo está catalogado como zona especial de conservación, dentro da Rede Natura 2000. A área que comprende o monte Pindo, a praia de Carnota, o sistema dunar e as marismas asociadas, atesoura  un dominio de hábitats de interese comunitario.

 

Un espazo natural que acolle multitude de especies animais e vexetais que conforman ecosistemas únicos. Pódense atopar especies de flora como o carballo anano (Quercus lusitanica) incluida no Catálogo Galego de Especies Ameazadas; o musgo de turbera (Sphagnum pylaisii); mamíferos como a lontra (Lutra lutra); aves como a píllara papuda (Charadrius alexandrinus) que elixe Carnota como un dos poucos lugares de Galicia para aniñar; ou invertebrados como o escaravello das aciñeiras (Cerambyx cerdo), entre outras.

Rede Natura Carnota2.jpg
Rede Natura Carnota3.png
bottom of page