top of page

PRAIAS

UN MAR DE VIDA

Os 30 km de litoral do concello de Carnota constitúen unha interminable sucesión de fermosas praias. Dende O Pindo ata Lariño contabilízanse máis de sete preciosas e acolledoras praias, coa indiscutible beleza de natureza en estado puro.

​

​Dende o 1 de xuño ata o 30 de setembro de cada ano, só está permitido o acceso de animais domésticos ás praias de todo o municipio no horario comprendido entre as 22:00 e as 11:00 horas do día seguinte, sempre que se cumpran as condicións reglamentarias.

​​

Playa Carnota
Praia Carnota.JPG

Praia de Carnota

A praia de Carnota, con forma de media lúa, é un espazo natural de gran beleza e de grande interese medioambiental. Tras un inmenso areal, duns 7 km de lonxitude, érguese un conxunto único de dunas e marismas cunha lagoa interior que acolle comunidades vexetais e animais de gran interese. Para os afeccionados á observación das aves este é un lugar ideal, xa que serve de refuxio a multitude de especies nos seus movementos migratorios e outras que aquí, se asentan durante todo o ano, co engadido de ser un dos poucos lugares de Galicia onde aniña a píllara papuda.

Carnota3.png
Carnota2.png

No corazón da praia, a desembocadura do río Vadebois ofrece un marabilloso espectáculo na coñecida como Boca do Río.

Pola súa riqueza e variedade de ecosistemas, así como pola súa inestimable beleza, a praia de Carnota foi considerada pola revista xermana “Traum Stände” unha das cen mellores do mundo. Así mesmo, o boletín de noticias rentalia.com nunha sondaxe na que contaron máis de 1000 opinións sitúana entre as tres mellores de Galicia e recentemente foi recoñecida polo diario británcio The Guardian
 entre as 40 mellores de Europa.

Caldebarco

Praia de Caldebarcos

Praia tranquila de area branca e fina situada nun entorno semiurbano con calidades excepcionais para a práctica dos deportes náuticos dado aos frecuentes ventos e brisas costeiras. Praia tranquila de area  branca e fina.

 

Praia de Caldebarcos.jpg
Boca do Rio

Praia da Boca do Río

Entorno natural con pinares nas inmediacións da desembocadura do Río Vadebois. É a praia máis frecuentada pola súa beleza e servizos.

Dende ela pódese acceder ás praias da Berberecheira e Cangrexeira e as marismas de Caldebarcos, onde se poden observar diferentes tipos de aves.

boca do rio.jpg
Praia do Pindo

Praia de San Pedro do Pindo

Praia urbana con bos accesos situada aos pés do Olimpo Celta. Caracterízase pola cor azul turquesa das súas augas e por ter escaso oleaxe. Foi recoñecida en algunha ocasión con la bandeira azul.

Mar de Lira

Praia de Mar de Lira

Pequena praia de fácil acceso e gran afluencia durante os meses de verán. Nas súas inmediacións conta cunha área de descanso e un parque infantil. Está conectada ao porto de Portocubelo a través dun pequeno paseo de madeira.

Praia de Lariño

Praia de Lariño

Artópase á esquerda doFaro de Lariño. É unha praia salvaxe e pouco concurrida de area fina e blanca e aguas de calidade excelente situada en un entorno prácticamente virxen.

É ideal para a práctica de deportes acuáticos como o surf, windsurf ou o kitesurf e tamén moi recomendable para contemplar o solpor .

praia de lariño 5.jpg
PICT3043_5.jpg
Porto do Pindo

Porto do Pindo

Pequeno porto de amarre de embarcacións de pesca artesanal e de recreo ideal para a práctica de actividades de ocio e aluguer de kayack e padle surf.

O Pindo2.jpg
Porto de Quilmas

Porto de Quilmas

Porto natural de abrigo cunha pequena praia de area dourada. Nel permanecen ancladas pequenas chalanas pertencentes aos pescadores do lugar. Durante os s. XVII, XVII e principios do XIX foi un dos puntos de maior actividade de pesca e salgadura da sardiña do municipio.

Porto de Quilmas.jpeg
Portocubelo

Portocubelo

Zona portuaria de pesca artesanal dentro da Reserva Mariña dos Miñarzos. Conta cunha pequena cala e un paseo que une con Mar de Lira. Moi cerca atópase a caseta musealizada de Pepe do Cuco.

portocubelo.png
bottom of page