O programa do XI Víndemo Ver-Mercado da Deputación, inclúe unha ruta temática que mezcla deporte, cultura e tradición e que terá lugar o sábado 30 de marzo ás 9:30 da mañá dende o concello de Carnota. Habilitaranse autobuses lanzadeira dende o Concello ata o lugar de inicio (Faro de Lariño).
A ruta será lineal de arredor de 12 km e de dificultade media onde os/as participantes poderán ver algúns exemplos de elementos vinculados á industria da sardiña, como antigas fábricas de salgadura e tamén algunhas escenas típicas de principios do S.XX protagonizadas pola Asociación Folclórica Ximiela.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse no seguinte formulario antes do 26 de marzo.
Comments