top of page
Search

Volven as noites espectaculares a Carnota



Xa vai polo quinto ano consecutivo que o Concello de Carnota pon en marcha coa chegada do outono o programa cultural para a poboación xoven e adulta de NOITES ESPECTACULARES.


Este ano haberá actuacións culturais para todos os gustos, en pequeno formato para adaptarse ao noso local e que sacará risas a esgalla ao público asistente con toda seguridade. As citas con:


  • Venres 14 de otubro: Producións Dispersas con “ Memorias dun ser humano disperso” . É un espectáculo cómico-musical, un cabaré absurdo protagonizado por unha personaxe desubicada, disfuncional e un pouco esquizofrénica, que devece por escapar dun mundo que non comprende e no que non é comprendido a un lugar moi lonxano no que todo será diferente. Existirá tal paraíso?


  • Venres 11 de novembro: Charlatana Coop. Galega preséntanos unha contada moi apropiada para este mes “Contos de defuntos e outros asuntos”. Será unha velada onde Brais das Hortas nos sumerxirá no misticismo da nosa cultura, historias de medo que non nos deixarán durmir coa risa.


  • Venres 16 de decembro: Excéntricas volve achegarnos ao sempre benvido Quico Cadaval, que desta volta trae “Fantasmas familiares”. Polos FANTASMAS FAMILIARES transitan espectros, valentes, milagreiros, peixeiras, mariñeiros, mitos do rock, líderes relixiosos, taberneiras, reis, golpistas, presos, adiviños, sicarios, prostitutas, axentes da orde, industriais, cantores melódicos, gandeiros, mais non é seguro que nos aparezan todos.


  • Venres 30 de decembro: Monólogo de Avelino González, que nos ahcega “Canto conto hai aquí”, historias e contos relacionados coa nosa vila e arredores, que nos farán lembrar o que nos contaban as nosas avoas ou ancestros.

Todas as actuacións serán levadas a cabo no salón de actos do Concello de Carnota, ás 21:00h dos venres sinalados.


Lembramos que todas elas son de balde e con entrada libre ata completar aforo.

Máis información no Concello de Carnota, departamento de Cultura; ou no mail cultura@carnota.gal; ou no tl 647459445.

0 comments

Comments


bottom of page