top of page
Search

Programación de Nadal 2023-2024

O Nadal en Carnota ven cargadiño de actividades lúdico, culturais e deportivas para todas as idades. Durante as vacacións de Nadal a cativada e non tan cativada poderán desfrutar de teatro, contadas, música, xogos deportivos, etc.

Entre todos estas propostas cabe salientar:

O mercado de Nadal que terá lugar os días 30 e 31 de decembro dentro dunha carpa na praza de San Gregorio de Carnota, en horario de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 20:30 o sábado 30, e en horario de 11:00 a 14:30 o domingo 31. Ao longo da carpa distribuiranse postos de artesanía, xoiería, complementos, etc e ademáis contará con actuacións musicais da man das Pandereteiras da ESMU e do Coro Chan das Lamas de Quilmas, e unha recepción do Carteiro Real.

A festa de Fin de Ano. A partir das 00.:30 recibiremos o novo ano cunha gran festa. Comezará co dúo Explosión, para poñer a bailar ás parellas con cumbias, pasodobles e chachachás. Sobre as 2:30 chegará a quenda do pop rock de todos os tempos co grupo de versións Leite con Jalletas e a partir das 4:30 será o DJ choriso criollo o encargado de poñer a bailar aos que aínda se resistan. Haberá chocolate con churros como manda a tradición. Tamén haberá servizo de bus de ida e volta ( á 1.30 a ida e ás 6.30 a volta) dende Muros e dende o Ézaro.



A visita do Reis Magos a Carnota en tren. Como vén sendo costume, o 5 de xaneiro, os Reis Magos visitarán Carnota en tren e percorrerán as parroquias para poder charlar e dar unha volta coa rapazada que así o desexe. As horas previstas das visitas son : ás 11:00 no Porto do Pindo; ás 12:30 no Campo do Viso en San Mamede; ás 15:45h no Centro Social de Lariño; ás 16:45h na Casa do Mar de Lira e ás 18:00h Na Praza de Carnota. Mentres, no Pavillón de Carnota terá lugar a festa infantil a partir das 17:00 da tarde con inchables e xogos, que irá rematando ás 7 para prepararse para recibir ás súas Maxestades, que alí terán os tronos preparados para eles.

Consultade toda a programación e participade no Nadal carnotán!







0 comments

Bình luận


bottom of page