MISTERIO E LENDA NO CAMIÑO
Carnota ven de estrear o mural “DugiumArt” no peirao de Portocubelo (Lira). O proxecto do Concello de Carnota está enmarcado dentro do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia. Trátase dun mural que abarca arredor de 50 metros de peirao e que foi realizado polo artista carnotán Nando Lestón. Nel están representados Santiago Apóstolo e a raíña Lupa divisando dende o seu castelo a praia de Carnota ademais dunhas vidreiras de cores que representan as distintas estacións do ano. O Concello de Carnota pretende que este mural sirva de escaparate e que transmita os valores locais e do Camiño de Santiago pola Costa e que ao mesmo tempo contribúa diversificar os fluxos turísticos do concello sen deixar indiferente ao espectador. O lugar elixido para a elaboración deste mural foi o peirao de Portocubelo por ser este un espazo accesible e sen barreiras arquitectónicas que dificulte o acceso ao mural. O proxecto inclúe ademais distintas accións dirixidas a públicos diversos e a favorecer a inclusión. Para aquelas persoas con dificultade visual/auditiva poden seguir cas súas mans o camiño de Santiago. A técnica consiste na incorporación no mural do camiño en relevo. Tamén está instalada una placa co título da obra e unha breve descrición en braille. A experiencia complétase cunha audioguía dispoñible en galego, castelán, inglés e francés a que se poderá acceder a través dun código Qr situado nesta mesma placa. • Audioguía en galego
Comments