O hórreo de Carnota é un dos máis emblemáticos e coñecidos de toda Galicia, un símbolo distintivo do concello carnotán e un elemento de obrigada visita no noso percorrido pola Costa da Morte. Esta xoia do patrimonio galego foi construída en 1768.
O hórreo de estilo barroco, repousa sobre 22 pares de pés e forma parte dun conxunto arquitectónico de gran beleza composto pola igrexa, a casa reitoral e o pombal. Este xigante de 34 m de lonxitude está catalogado como “Monumento Nacional”.
Comments