O pasado domingo 9 de abril remataba o X Víndemo Ver-Mercado da Deputación despois de catro días intensos de venta de artesanía, produtos ecolóxicos e de proximidade e dun montón de actividades para todas as idades. O tempo acompañou e a praza de Carnota acolleu a un gran número de visitantes e locais. Algúns achegaronse ao Víndemo Ver en exclusiva para visitar o Mercado da Deputación e outros atraídos pola gran oferta complementaria.
A mostra arrancaba o xoves ás 17:00 h. ca inauguración por parte do alcalde, Juan Manuel Saborido, o deputado provincial de Promoción económica, Blas García e Nacho Porto e Nano Unzueta en representación dos artesáns. Durante o acto fíxose mención especial a Marupe Arméndariz, en recoñecemento aos seus anos de dedicación e participación no Víndemo Ver.
O venres pola mañá as bicicletas foron as protagonistas, ás 9:30 comenzaba a proba BTT e as 12:00 a xincana de bicis. As 13:00 tiña lugar a entrega de premios. Os premios foron os seguintes: 1° masculino longa para José Tomé, 1° femenino longa para María Rivera, 1° masculina curta para Ángel Trillo (de Carnota), 1° femenino curta para Martina Louzán, 1° carnotán longa oara Sergio Romero e 1° carnotán curta para Christian Formoso.
O sábado arredor de 150 persoas realizaron a “ruta do millo”, con saída dende o hórreo de Carnota,onde se puideron ver distintos exemplos de arquitectura popular como hórreos, eiras, pombais e muíños de auga. Os/as participantes puideron incluso ver moer un muíño en directo á vez que a agrupación folclórica Ximiela representaba unha foliada en varios puntos do percorrido.
Tiveron gran acollida tamén os obradoiros de cestería e cerámica impartidos por Adisbismur e tamén as actividades destinadas aos máis pequenos/as como xogos tradicionais, clown, etc.
As actuacións dos grupos, asociacións e coros da zona, como Chan de Lamas, Ximiela, Gaiteiros de San Mamede foron quenes de facer desfrutar ca música máis tradicional e a Charanga Santa Compaña ca máis moderna.
E como non, pola noite, os concertos, non defraudaron. O venres tivemos sesión de contacontos “Tralalareira” con Vero Rilo e despois a xente puido rememorar e bailar ca música dos 80 con la Banda de Ayer. O sábado tivemos a oportunidade de ver unha das últimas actuacións do grupo Leilía e de seguido La Quinkillada rematou a noite por todo alto.
Queda como asignatura pendente que máis veciños e veciñas se animen a vestirse de época e poidan revivir en primeira persoa aqueles tempos de mercados de produtos artesáns e ecolóxicos, de traballo no agro e foliada.
Comments