top of page
Search

Arranca o programa de rutas "Carnoteando"


O Concello de Carnota organiza un programa de andainas durante os meses de outubro, novembro e decembro que inclúe as seguintes:

CARNOTEANDO POR O PINDO E QUILMAS • Data: 23 de outubro. • Ruta circular: con inicio e fin no porto do Pindo • Hora de saída: 9:30 am • Itinerario: Porto do Pindo – Os Mouchos – O Pindo – porto de Quilmas – Quilmas – Chan de Lamas – Porto do Pindo • Distancia: 12 km CARNOTEANDO POR CARNOTA E PEDRAFIGUEIRA • Data: 6 de novembro. • Ruta circular: con inicio e fin no Concello de Carnota • Hora de saída: 9:30 am • Itinerario: Concello de Carnota – petróglifo da Laxe Escrita – Senda Verde direción Pedrafigueira – inmediacións da Fervenza de Pedrafigueira e do Bico do Santo – Nóutigos – Concello de Carnota • Distancia: 12 km

CARNOTEANDO POR LARIÑO E LIRA • Data: 11 de decembro • Ruta circular: con inicio e fin na antiga escola unitaria de Lariño • Hora de saída: 9:30 am • Itinerario: A Gándara – Senda Verde – Martiaño – Lira – Hórreo de Lira – Mar de Lira – praia de Lariño – A Gándara. • Distancia: 16 km

As inscricións serán de balde e formalizaranse a través do Qr ou do seguinte enlace: inscricións



0 comments

Comentarios


bottom of page