top of page
Search

“Alegría” o documental sobre o Prestige

A Deputación da Coruña, en colaboración co Concello de Carnota e a Asociación Cultural Canle de Lira ofertan un documental con motivo do 20 aniversario da catástrofe do Prestige. Rememora aos voluntarios, mariñeiros e veciños que loitaron contra a peste negra. Consiste nunha proxección documental na que a súa protagonista, fai unha serie de entrevistas a mariñeiros, veciños e xente que viviu a catástrofe. Polo medio hai secuencias de arquivo mesturadas con cortes de cine antigo e tamén con imaxes actuais das impresionantes costas. Terá lugar O venres 3 de marzo ás 21.00h, no local da asociación Canle, en Portocubelo, Lira.

Alegría! é unha longametraxe sobre a historia do afundimento do Prestige nas nosas costas. Trátase dun proxecto que navega entre o realismo documental e a metaficción e que recolle a historia viva dos propios protagonistas dos primeiros días do desastre medio ambiental. A través dunha viaxe de ida e volta das nosas persoaxes, Nerea e Alberte, e as súas entrevistas lembraremos aqueles escuros días nos que as costas galega tinguíronse de negro. Durante unha hora e vintecinco minutos percorreremos Galicia lembrando o acontecido no 2002.

Ao remate da proxección haberá unha mesa coloquio con invitados/as da nosa vila que saen no documental, como Merche Díaz ou Sven.






0 comments

Comentarios


bottom of page