O Entroido é unha das épocas máis festeiras do ano e no Concello de Carnota temos preparado algo especial para todos vós:
O sábado 10 de febreiro:
Batucada, pasarrúas e carrozas !!!! . As asociacións culturais, Canle de Lira, o Patín de Carnota e a veciñal as Insuas de Lariño, ataviadas cos seus disfraces e acompañadas xa ca clásica Batukada do Patín, brindarannos unha xornada de festividade, música pasarrúas e carrozas. Partirán do Centro sociocultural de Lariño, chegarán á Casa da Xesteira de Carnota para o vermú, pola tarde uniranse á Festa Holi na Praza de San Gregorio e para rematar a xornada, festaza de disfraces na Lonxa vella de Lira. (horarios por determinar).
Festa de Entroido : FESTA HOLI EN BRANCO. Trátase dunha tarde divertida na praza de Carnota (se o tempo o permite).
-Comezaremos ás 16.30 h co CONCURSO DE DISDRACES. As persoas participantes deberán cubrir unha ficha de inscrición; os da modalidade colectiva antes do día 7 de febreiro no Departamento de Cultura do Concello de Carnota; os da modalidade individual pódeno facer na mesma Praza de 16.00 a 16.30h.
A música que vaian utilizar, deben traela nun pen drive xa preparada.
Modalidades
MODALIDADE INDIVIDUAL: Toda persoa, de calquer idade, que veña disfrazada poderá participar no desfile pola praza (se non chove) para lucir as súas vestimentas. Ao rematar o desfile, poderán botar unha regueifa ou unhas coplas, así como cantar, bailar ou o que se lles antolle para facer a entroidada completa.
MODALIDADE GRUPAL: Ao remate do individual, dará comezo o desfile grupal onde cada grupo mostrará os seus traxes e desfilará con maior ou menor graza, pero lucindo os seus entroidos. Ao rematar o desfile, poderán botar unha regueifa ou unhas coplas, así como cantar, bailar ou o que se lles antolle para facer a entroidada completa.
Haberá premios en cheques regalo para invertir en negocios do Concello.
MODALIDADE INDIVIDUAL | MODALIDADE GRUPAL | |
1º | 70€ | 200€ |
2º | 50€ | 150€ |
3º | 30€ | 100€ |
-A partir das 17.30h, dispois do concurso, comezarán os obradoiros de entroido para a rapazada, un de Globoflexia e outro de Tatuaxes e contaremos tamén cun inchable e música.
-Está prevista tamén sobre as 18.00h a chegada da Batukada para porlle cor e sabor a esta tarde, e xa sobre as 19:00 dará comezo a FESTA HOLI DE NEÓN (brilla na escuridade) PARA TODAS AS IDADES. Para isto é imprescindible que todas as persoas participantes veñan vestidas de branco (poden sacar o seu disfraz e quedar de branco), coa idea de que as roupas queden cheas de cores ao final da tarde.
Trátase dunha festa onde a xente bailará ao son da música mentres que do ceo caerán centos de pigmentos de cores, para ao final quedar corpos e roupas cheos de po colorido. Seguidamente daremos un paseo en familia ó redor do Concello moi especial e divertido, con lanzamento de foguete incluído. Na festa haberá churros e venta de augas e refrescos.
Se chove ou venta demasiado, iremos para o pavillón de Carnota, coa mesma idea, agás a Festa Holi, que non se pode facer no interior. Neste caso teriamos os obradoiros, música e inchables.
Esa mesma tarde no Pindo, haberá un desfile da comparsa Pedramar “A venecia do Pindo” e de entroidos libres dende as 18.30 h polas rúas da parroquia, organizado pola ACDR Pedramar.
A partir das 21.30 h, festa rachada no local social do Porto con DJ e lacoada. As persoas interesadas en participar poden chamar ao 699 171 088.
Domingo 11 de febreiro, ás 13.00 h, na Praza de Carnota (se chove, no Concello):
Concerto de Brais das Hortas para toda a familia, grandes e pequenos/as gozarán do espectáculo teatral e musical do “Consertasso na Horta”, un concerto punk elexido como un dos millores espectáculos musicais máis orixinais de Galicia para a xente miúda.
Luns 12 de febreiro, ás 11.30 h a 13.30h, no pavillón de Lamas de Castelo:
Obradoiro de Entroido da man de Infantilandia para a rapazada, dende os 3 ata os 12 anos.
Martes 13 de febreiro, ás 11.30h, no Salón de Actos do Concello:
Contacontos para a cativada da man de Marisa Irimia e os seus “Contos feiticeiros”.
Mércores 14 de febreiro, de 11.00h a 14.00h, no pavillón de Carnota:
Obradoiro de repostería de entroido e xogos tradicionais para a rapazada, da man de Somos Enredos.
E no seu fin, daremos por rematado o Entroido 2024!!!!!
* Recordámosvos que non haberá actividade na Escola de Música nin nas Escolas Deportivas os días luns 13, martes 14 e mércores 15. O xoves 16 retomaranse todas as actividades nos horarios habituais.
Comments