O Concello de Carnota ten previsto a organización dun mercado os días 30 e 31 de decembro de 2023 ademais dunha festa de fin de ano. O horario de apertura do mercado será o seguinte: o sábado 30 de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 20:300 h. e o domingo 31 de 11:00 a 14:30 h.
Tanto o mercado como a festa terán lugar no interior dunha carpa na praza San Gregorio, en Carnota.
Aquelas persoas ou empresas interesadas en instalar un posto durante o mercado (comercio, artesanía, restauración, etc.) deberán realizar a solicitude correspondente enviando un correo-e a cultura@carnota.gal indicando os seguintes datos:
Asunto: inscrición para participar como expositor no Mercado de Fin de Ano
Nome do titular do posto
Nome comercial do posto
Descrición da actividade
Fotografía do posto
Teléfono de contacto
Outros datos de interese no caso de que o considere necesario.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 15 de novembro.
Comments