Aberto o prazo de inscrición na ruta de “Andar ao mar” incluída dentro do XII Víndemo Ver
- marialago67
- Mar 25
- 1 min read
O programa do XII Víndemo Ver-Mercado da Deputación, inclúe unha ruta temática que mezcla deporte, cultura e tradición e que terá lugar o sábado 19 de abril ás 9:30 da mañá dende o concello de Carnota. Habilitaranse autobuses lanzadeira dende o Concello ata o lugar de inicio (Faro de Lariño).
A ruta será lineal de arredor de 12 km e de dificultade media onde os/as participantes e transcorrerá pola beira do mar. Como ven sendo habitual contará con escenas típicas de principios do S.XX protagonizadas pola Asociación Folclórica Ximiela.
A inscrición ten un custe de 3€ por persoa que se ingresará no seguinte número de conta: ES84 2080 0334 8731 1000 0035. No concepto deberá indicarse o nome/s do/s participante/s + Andar ao Mar.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse en cronotec.es antes do 15 de abril ás 14:00 h.

Comments