DugiumArt
MISTERIO E LENDA NO CAMIÑO
O mural “DugiumArt” loce no peirao de Portocubelo (Lira) dende o ano 2021. A iniciativa do Concello de Carnota, enmarcada dentro do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia, abarca arredor de 50 metros de peirao. A obra foi realizada polo artista carnotán Nando Lestón. Nel están representados Santiago Apóstolo e a raíña Lupa, divisando dende o seu castelo a praia de Carnota, ademais dunhas vidrieiras que simbolizan as distintas estacións do ano.
O Concello de Carnota pretende que este mural sirva de escaparate e que transmita os valores locais e do Camiño de Santiago pola Costa e que ao mesmo tempo contribúa a diversificar os fluxos turísticos do concello sen deixar indiferente ao espectador.
O lugar elixido para a elaboración deste mural foi o peirao de Portocubelo por ser este un espazo accesible e sen barreiras arquitectónicas que dificulte o acceso ao mural. O proxecto inclúe ademais distintas accións dirixidas a públicos diversos e a favorecer a inclusión. Para aquelas persoas con dificultade visual poden seguir cas súas mans o camiño de Santiago. A técnica consiste na incorporación no mural do camiño en relevo.
Tamén está instalada una placa co título da obra e unha breve descrición en braille. A experiencia complétase cunha audioguía dispoñible en galego e castelán á que se pode acceder a través dun código Qr situado nesta mesma placa.
• AUDIOGUÍA