COMO CHEGAR
VIAXANDO AO PARAISO
ESTRADA
Bordeando a Costa – Acceso dende Santiago de Compostela: Polo corredor (Santiago-Noia). Unha vez en Noia tomar a AC 550 (dirección Cee).
​
Polo interior: Dende Santiago polo corredor (Santiago-Noia), tomando a saída de Bertamiráns e incorporándose á AC 544 (Bertamiráns-Negreira). En A Pereira tomar a AC 400, que conduce a Carnota tomando dirección a Muros.
​
Outra alternativa polo interior: Saíndo de Santiago pola C 545 ata Santa Comba, unha vez alí tomar o desvío hacia a AC 400 ata chegar a Carnota.
​
Acceso dende A Coruña por autoestrada: Na Coruña tómase a autoestrada AG 55 ata Carballo, onde se debe saír e enlazar coa estrada AC 552 (A Coruña-Cee) ata chegar a Cee. Unha vez chegados a este punto accedemos a Carnota a través da AC 550 (Cee-Ribeira).
TREN
Estación de tren máis próximas: Santiago de Compostela (981 520202) e A Coruña (981 150202).
AVIÓN
Aeroportos máis próximos: Aeroporto de Santiago - Rosalía de Castro e Alvedro, na Coruña
MAR
Por mar tamén se pode chegar, xa que os portos de Lira e O Pindo están adecuados para embarcacións de recreo.