top of page
exterior caseta de Pepe do Cuco.jpg

CASETA DE PEPE DO CUCO

A EVOLUCIÓN DOS TEMPOS

 

A caseta de Pepe do Cuco é unha antiga caseta de pescadores convertida no primeio museo automatizado de Galicia. Foi cedida pola familia de Pepe do Cuco, o último que a utilizou para a súa función orixinal: protexer a súa xeiteira e o resto de aparellos de pesca. Trátase dun tipo de construcción habitual nas aldeas mariñeiras.

​

Está situada aproximadamente na metade da ruta "Camiños de Andar ao Marque vai dende o Faro de Lariño ata a praia de Carnota e pódese acceder ao seu interior a través da lectura dun código Qr. A Caseta está deseñada para que se poidan realizar visitas autónomas, só necesitarás un móbil para poder entrar.

​

No seu interior fálase dun modo de vida, da tradición mariñeira, da relación das nosas xentes co mar, que, sendo igual de estreita, cambia cos tempo.

​

En Carnota aínda se conservan gran cantidade de casetas deste tipo ao largo do municipio e en moitos casos continúan cumprindo o seu uso orixinal, destacando entre elas un conxunto de arededor de 30 casetas de pescadores en Caldebarcos.

​

 

__________

​

​

LOCALIZACIÓN

Enderezo: A Beirada, Lira, s/n
15292 - Carnota

​
 

Interior caseta Pepe do Cuco.jpg
Caseta museo de Pepe do Cuco.jpg
bottom of page