ARQUEOLOXÍA
OS NOSOS ANTERGOS
En Carnota atopamos numerosas mostras de gravados rupestres realizados en pedras ao aire libre, os petroglifos. Os más coñecidos son os que integran o Museo Arqueolóxico Aberto: a Laxa Escrita, o Afilladuiro, As Laxiñas, Rego Lamoso, Prousos Magos, etc.
Dende finais da Idade do Bronce e ata o século I, desenvolveuse no noroeste peninsular a cultura castrexa, cuxa característica máis notable son os seus poboados amurallados coñecidos coma os castros dos que toma nome. No noso Concello destaca tamén a presenza de dous castros, o Castro de Mallou, que aínda presenta restos das murallas e das vivendas e o dos Miñarzos, na parroquia de Lira.
Museo Arqueolóxico Aberto
O Museo Arqueolóxico Aberto é un espazo natural que transcorre ao longo de máis de 10,5 km, a través dos cales se atopan sete espazos arqueolóxicos de distintas épocas e tipoloxías, seleccionados dentro da gran riqueza cultural que se distribúe polo territorio de Carnota, onde hai arredor de oitenta sitios arqueolóxicos.
O museo está composto polos petróglifos de Prousos Magos, A Laxe Escrita, Rego Lamoso, O Afilladuiro e As Laxiñas e tamén polo Castro de Mallou e a Torre dos Mouros. Todos estes espazos están ligados entre sí a través dunha ruta no espazo e no tempo, dende a Idade de Bronce (os petróglifos están datados entre o III e principios do II milenio a. C.) ata os nosos días. Alcanzan unha cota de máis de 300 m, dende onde se pode desfrutar das incomparables vistas de Carnota: o seu areal, de case 7 km; o Faro de Fisterra, á fronte, e a Ría de Corcubión e o Monte Pindo, ao norte, protexendo a contorna.
Os diferentes espazos do Museo Arqueolóxico Aberto distribúense ao longo da Senda Verde, unha ruta lineal de sendeirismo na que están sinalizados os accesos e os xacementos. Os referidos puntos de inicio facilitan a visita, xa que posibilitan a selección de diferentes percorridos. Os máis destacados son os de Lira, Mallou, Carnota e Louredo. As características deste museo ao aire libre permiten facer unha ruta a pé ou en bicicleta a calquera hora do día, combinando a visita cultural, natural e deportiva.
PETRÓGLIFOS
A Laxe Escrita
Os gravados repártense en varios grupos. A primeira agrupación/representación localízase sobre unha gran laxe a ras do chan, situada na marxe norte da pista forestal, onde se poden observar multitude de motivos, entre os que podemos citar combinacións circulares, varios motivos cruciformes, así como uns gravados que semellan representar embarcacións.
Dentro das combinacións circulares destacan as representacións que aparecen xusto ao lado la pista; tal é a súa singularidade, que acadaron o prestixio de converterse no símbolo do Museo Arqueolóxico Aberto.
Como chegar
Detrás do Concello de Carnota atópase o Pavillón Polideportivo Municipal e, xusto ao seu carón, encontramos un panel informativo do Museo. Ascendemos pola pista uns 700 metros, cunha pendente moderada, e achamos a mesa interpretativa na marxe esquerda da pista. A escasos metros da mesa atópase a Laxe Escrita.
Bibliografía
CERNADAS SANDE, J. (2008): Gravados rupestres nos montes de Carnota. TresCtres Editores. Santa Comba (A Coruña).
ALONSO ROMERO, F. (1993): “Las embarcaciones en el período germánico del arte rupestre de Carnota (La Coruña)”. Galicia: da romanidade á xermanización. Problemas históricos e culturais. Actas do encontro científico en homenaxe a Fermín Bouza Brey (1901-1973), Santiago de Compostela.
BÓVEDA FERNÁNDEZ, Mª. J.; CAÑIZO FRAGA, J. A.; VILASECO VÁZQUEZ, I. (1999): “Lugares para grabar, lugares para morrer. Petroglifos e cistas na Idade do Bronce no NW da Península Ibérica”. Gallaecia: revista de arqueoloxía e antigüidade, nº 18, pp. 89-102.
VV.AA.: Fichas do Inventario de xacementos do concello de Carnota. Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Xunta de Galicia.
CONCELLO DE CARNOTA (2013): Catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Documento previo á aprobación inicial. Tomo V.
As Laxiñas
Este conxunto quizais sexa un dos máis espectaculares do concello, tanto pola súa espectacular ubicación como polos gravados que contén.
As inscricións están espalladas por varias das grandes laxes que compoñen esta formación rochosa. Os máis visibles son un amplo conxunto de círculos concéntricos. Destaca tamén, pola súa importancia, unha representación dunha arma, tipo puñal ou espada curta e unha representación de dous motivos zoomorfos, un macho e unha femia, unidos polos seus cuartos traseiros. O resto dos gravados son varios conxuntos de pequenas coviñas, así como algúns trazos xa case inapreciables.
Como chegar
Para acceder a el hai que tomar un desvío no camiño. Á esquerda da mesa interpretativa, atópase o petróglifo. A distancia ás Laxiñas dende Mallou é de 2.200 m; dende Carnota, 3.900 m; dende Lira, 5.500 m e dende o acceso de Louredo, 8.700 m.
Bibliografía
CERNADAS SANDE, J. (2008): Gravados rupestres nos montes de Carnota. TresCtres Editores. Santa Comba (A Coruña).
VV.AA.: Fichas do Inventario de xacementos do concello de Carnota. Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Xunta de Galicia.
CONCELLO DE CARNOTA (2013): Catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Documento previo á aprobación inicial. Tomo V.
O Afilladuiro
Atópase situado nun dos marxes da Senda Verde, localizado en diferentes partes dunha formación rocosa de grandes dimensións e boa visibilidade.
Os gravados atópanse en distintas laxes de complicado acceso, debido ao desnivel e a irregularidade do terreo. Ademáis de identificarse distintas combinacións circulares, destaca o que parece ser a figura dunha muller cun neno en brazos. Aínda que o seu significado aínda é un enigma, a hipótesis máis evocadora apunta a ser a representación da figura dunha diosa nai a cul irían asociados numerosos ritos de fertilidade.
Como chegar
Para acceder aos petróglifos hai que ascender pola ladeira. O primeiro tramo realizase a través dunha pequena escaleira de madeira.
A distancia ao O Afilladuiro dende Mallou é de 1.800 m; dende Carnota, 3.900 m; dende Lira, 5.100 m e dende Louredo, 8.600 m.
Bibliografía
CERNADAS SANDE, J. (2008): Gravados rupestres nos montes de Carnota. TresCtres Editores. Santa Comba (A Coruña).
ALONSO ROMERO, F. (2007): “Análisis etnográfico y arqueológico de unha Diosa Madre en el petroglifo del Outeiro do Filladuiro en Mallou (Carnota, A Coruña): Coviñas y círculos”. Anuario Brigantino. Nº 30. pp. 26-56.
VV.AA.: Fichas do Inventario de xacementos do concello de Carnota. Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Xunta de Galicia.
CONCELLO DE CARNOTA (2013): Catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Documento previo á aprobación inicial. Tomo V.
Prousos Magos
Os petróglifos de Prousos Magos están distribuidos en dúas estacións que, pese a súa proximidade, teñen unhas características moi distintas en canto ao emprazamento e á composición dos grabados.
A primeira estación é Prousos Magos I, situado nun espolón rocoso, mui visible e localizado en tres puntos diferentes. Son fundamentalmente agrupacións de cazoletas de diversos tamaños, salvo na pequena cova que forman as rocas, onde encontramos tamén combinacións circulares.
A estación Prousos Magos II está situada a ras de suelo con una inclinación similar a da ladeira. Presenta uns grabados con variedadr de motivos, que van dende unha docena de paletas, cazoletas, combinacións circulares e trazos serpentiformes ou cruciformes, ata outros motivos difíciles de concretar. Entre tanta variedade, encontramos tamén algúns grabados, como as letras, que son de época recente. O mesmo sucede con algunos dos grabados orixinaiss que se atopan retocados na actualidade, tal como indican os trazos dos surcos.
Como chegar
Situados en A Laxe Escrita, seguimos ascendendo pola pista na que nos atopamos. Chegados ao cruce ca Senda Verde, collemos a nosa esquerda. Camiñamos ao longo de 5,3 km ata un novo cruce, donde nos desviaremos a nosa esquerda. A uns 400 metros, chegaremos ao noso destino: as estacións de Prousos Magos.
Bibliografía
CERNADAS SANDE, J. (2008): Gravados rupestres nos montes de Carnota. TresCtres Editores. Santa Comba (A Coruña).
VV.AA.: Fichas do Inventario de xacementos do concello de Carnota. Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Xunta de Galicia.
CONCELLO DE CARNOTA (2013): Catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Documento previo á aprobación inicial. Tomo V.
Rego Lamoso
Os petroglifos de Rego Lamoso sitúanse sobre unha formación rocosa que sobresae no entorno e que se distribúe en 4 grupos.
Trátase dun complexo e variado conxunto de petróglifos nos que destacan catro agrupacións con cazoletas, representacións de armas, círculos concéntricos e rebaixes cuadrados.
Destacan pola súa importancia tres representacións de armas similares a espadas cortas o puñales. Completan estos grabados unha pequena combinación circular e un motivo en zigzag.
Como chegar
Tomamos como referencia el camino que va desde Mallou hasta el cruce con la pista de la Senda Verde y desde este cruce, a unos 485 metros en dirección a los petroglifos de Porusos Magos, cogemos un desvío hacia la izquierda. Después de andar unos 200 metros, pasando por una zona de eucaliptos, el camino empieza una subida al lado de un muro de piedra que vemos a nuestra izquierda. A unos 100 metros más o menos, en dirección norte, ya vemos las rocas y un panel informativo a sus pies.
Bibliografía
CERNADAS SANDE, J. (2008): Gravados rupestres nos montes de Carnota. TresCtres Editores. Santa Comba (A Coruña).
VV.AA.: Fichas do Inventario de xacementos do concello de Carnota. Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Xunta de Galicia.
CONCELLO DE CARNOTA (2013): Catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Documento previo á aprobación inicial. Tomo V.
> Prousos Magos
> As Laxiñas
> O Filladouro / O Afilladouro
> Rego Lamoso
Castro Mallou
O Castro de Mallou é un poboado fortificado da Idade de Ferro, que puido estar en funcionamento entre os séculos IV-III a. C. e o I d. C.
O seu perímetro está rodeado practicamente na súa totalidade por dúas murallas separadas por un terraplén e reforzadas na cara sur cunha terceira muralla e un pequeno parapeto, entre os que se localizaría un foxo. É posible que esta terceira muralla estivese delimitando un posible antecastro. O conxunto presenta unha superficie aproximada de 1,38 hectáreas.
O recinto principal do castro ocupa unha superficie de forma ovalada de aproximadamente 4.450 metros cadrados. O seu estado de conservación non é tan bo como se desexaría, pois moitas das pedras que formaban as construcións, estruturas circulares e rectangulares, foron aproveitadas noutros tempos para outros mesteres. Ademais das vivendas, entre os achados cabe destacar un posible alxibe, o corpo de garda, a presenza de escoura de ferro (que indicaría unha posible ferrería), fusaiolas, muíños naviformes e abundantes restos de cerámica.
Entre os anos 2006 e 2008 realizábanse unhas primeiras actuacións no recinto, as cales deixaron á vista varias construcións na croa. Posteriormente, en 2013, o castro recuperouse por medio dunha iniciativa de arqueoloxía pública participada pola veciñanza, voluntariado e o Concello de Carnota.
Segundo contan as lendas, o castro foi residencia da Raíña Lupa e mesmo se sinala un dos penedos do recinto como a súa cadeira ou trono. Hai anos apareceu nunha das murallas unha escultura dunha cabeza de porco bravo, que posteriormente foi roubada.
Como chegar
A un quilómetro cara ao norte da Torre dos Mouros, atopamos o Castro de Mallou, ao que podemos tamén acceder dende a aldea de Mallou, da que dista uns 500 metros escasos. Ao chegar ao punto marcado na pista, hai que ascender apenas 20 metros por un terreo doado, para atopar a mesa interpretativa situada ao pé do castro.
Temos dúas posibilidades de acceso dende o punto no que se sitúa a mesa informativa:
-
Ascender en liña recta atravesando a muralla ata chegar á plataforma interior.
-
Rodear pola esquerda o castro e acceder pola que sería a entrada orixinal e monumental.
Bibliografía
AGRAFOXO PÉREZ, X. (1991): “A cultura castrexa nos concellos de Outes, Muros e Carnota”. Cadernos Cruceiro do Rego. Publicacións Sementeira. Noia.
LAMAS BÉRTOLO, J. (2009): “Campo arqueolóxico de traballo en Castro Mallou, Carnota (A Coruña)”. Actuacións arqueolóxicas. Ano 2007, pp. 32- 35. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela.
VV.AA.: Fichas do Inventario de xacementos do concello de Carnota. Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Xunta de Galicia.
CONCELLO DE CARNOTA (2013): Catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Documento previo á aprobación inicial. Tomo V.
OUTROS XACEMENTOS
Torre dos Mouros
A Torre dos Mouros é unha impoñente fortificación de inicios da Idade Media. Localizada nun outeiro rochoso, ten unha privilexiada vista de 360º que abrangue dende Monte Louro (Muros) ata o Cabo Fisterra.
A fortificación consta de diferentes elementos:
-
Un sistema de dobre muralla, que pecha este recinto de dúas hectáreas de extensión.
-
Un camiño de acceso, que esta lousado e que dá paso ao interior do recinto principal, duns 20 metros.
-
Dous recintos internos: o principal, na parte baixa, na explanada á que accedemos ao atravesar as murallas; e un segundo recinto, na parte elevada, un reduto de máis difícil acceso, que contaría cun peche perimetral propio.
-
A entrada é tamén monumental, orientada cara ao porto de Lira, nun claro sentido disuasorio fronte posibles ataques dende o mar.
Segundo o estudo dos vestixios e do contexto construtivo, estaría deseñado para acoller a unha comunidade de xeito puntual, en momentos concretos, que se corresponderían con aqueles de maior virulencia das razzias viquingas, ataques máis centrados nas épocas máis favorables para a navegación (primavera e verán). Despois do s. XII, co cese dos ataques, deixaría de usarse como refuxio e pasaría a un uso agro-gandeiro.
No século XX, o lugar continuou tendo a súa función de protección, xa que foi utilizado como refuxio para os fuxidos da Guerra Civil. Este espazo está asociado a diversas lendas, entre as que destaca a do cabaliño de ouro. O lugar puido ser recuperado por medio dunha iniciativa de arqueoloxía pública coa participación da veciñanza de Lira, voluntariado e o Concello de Carnota.
Como chegar
Está situado ao pé da senda. A poucos metros de pasar a cancela que pecha a zona, observamos o camiño empedrado, duns 20 metros, que sobe ao recinto superior a través das murallas, entrada orixinal desta fortificación. Resulta doado o acceso.
A través da Senda Verde: indo dende Lira é o primeiro destino que atopamos na senda.
Dende a AC-550: en Lira, en dirección Muros, collemos un desvío á esquerda, á altura do km 29. A 2,2 km atopamos a mesa explicativa, ao pé da porta de acceso.
Bibliografía
BARREIRO BARRAL, J. (1970): “Notas Arqueológicas e históricas de los montes de El Pindo”. Compostellanum, T. 15, nº 4, pp. 653-643. Santiago de Compostela.
CRÁNEO, M. (2012): A Torre dos Mouros. Demo Editorial.
VV.AA.: Fichas do Inventario de xacementos do concello de Carnota. Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Xunta de Galicia.
CONCELLO DE CARNOTA (2013): Catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Documento previo á aprobación inicial. Tomo V.