CAMIÑOS DE ANDAR
AO MAR
RUTA
A ruta dos Camiños de Andar ao Mar é a fórmula perfecta para coñecer o litoral de Carnota e mergullarse nunha paisaxe única. Entre o faro de Lariño e a gran praia de Carnota, percorre pequenos areais, zonas máis agrestes e o núcleo mariñeiro de Portocubelo, en Lira.
Está situada a cabalo entre dous espazos protexidos do LIC Rede Natura 2000, o de Monte e Lagoa de Louro e o de Carnota-Monte Pindo, así que o mar e as súas paisaxes constitúen o grande atractivo. Ao longo do camiño, descubrirás a riqueza biolóxica (aves, especies mariñas....) e tamén algúns dos episodios que conmoveron a veciñanza e o conxunto da cidadanía, como os naufraxios do Ariete e do Prestige. Ademais poderás visitar a caseta de Pepe do Cuco, unha antiga caseta de pescadores convertida no primeiro museo automatizado de Galicia.
Déixate levar polo arrecendo da brisa, o horizonte do mar, os son das ondas e do lagarteiro, a memoria dos mariñeiros e as historias de naufraxios.
Lineal
8,3 km (só ida)
15 m
Moderada
2 horas
> Distancia
> Tipo de ruta
> Dificultade técnica
8 km (só ida)
lineal
Media
CARACTERÍSTICAS